Skip to main content

O campus universitario de Santiago, escenario en setembro do Festival Internacional Compostela Street

Este festival de cultura urbana terá lugar no campus universitario, onde hoxe se presentou. Foto: Santi Alvite
Este festival de cultura urbana terá lugar no campus universitario, onde hoxe se presentou. Foto: Santi Alvite
Este encontro de cultura urbana e deportes extremos forma parte da programación de benvida da USC ao seu estudantado
Santiago de Compostela

O Campus Sur da USC será entre os días 19 e 21 de setembro o escenario do Festival Internacional Compostela Street, que se formula como un dos encontros de cultura urbana e deportes extremos con maior impacto no Estado. O evento enmárcase na programación de benvida que a USC lle ofrece cada comezo de curso ao seu estudantado.

Deste xeito, a USC brinda os seus espazos para ser punto de encontro deportivo e cultural da mocidade, onde se xuntarán preto de 500 persoas competidoras que tomarán protagonismo nas diferentes probas internacionais, estatais e autonómicas de ata 10 disciplinas urbanas, como o Street Workout (campionato internacional), Breaking (campionato de España e Final da Liga Galega), Skate ou Basket 3×3.

Ademais das competicións deportivas, a programación inclúe gran variedade de propostas culturais como concertos de música urbana, certames de Beatbox (Open Nacional), Freestyle (Open Gallego) e exhibicións de Street Art, además de una zona  de talleres (Kids Área) y parques urbanos (Open Park Área) abiertos a la participación, donde se instalará una pista PumpTrack (para BMX, Skate, Roller y Scooter), un Parkour Park o una Jaula de Street Football.

En canto á oferta de lecer, o evento terá outros servizos como un Street Studio (estudo de gravación e produción musical), unha Street Barber, unha zona gastro con Foodtrucks e un Street Market que estarán situados no perímetro do estanque do campus, próximo ás pistas deportivas.

Os detalles do festival, que será de entrada libre, presentáronos este xoves no Campus Sur a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Lara Meneses Álvarez; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; a tenente alcalde e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude do Concello de Santiago, María Rozas Pérez, e Pablo Castiñeira, de Vella Escola, representante da organización.

A vicerreitora destacou o lugar onde de desenvolverá este festival, o campus sus da Universidade compostelá, “un nodo de referencia para toda a cidade e que supón tamén un espazo de apertura á cidadanía e ás institucións”.

Ademais da USC, neste festival participan institucións como o Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

A vicerreitora, no centro, destacou o lugar onde se desenvolverá o festival, “un nodo de referencia para toda a cidade". Foto: Santi Alvite
A vicerreitora, no centro, destacou o lugar onde se desenvolverá o festival, “un nodo de referencia para toda a cidade". Foto: Santi Alvite
The contents of this page were updated on 07.10.2025.