Skip to main content

Fondo pesar polo pasamento do profesor Javier Fernández Pérez

A Universidade de Santiago quere manifestar o seu pesar polo falecemento do profesor xubilado da área de Análise Matemática Javier Fernández Pérez e unirse á dor da súa familia e amizades.

Javier Fernández realizou o doutoramento no Imperial College of Science and Technology da Universidade de Londres para defender a súa tese en 1977. Dende 1984 era profesor titular da USC, sendo secretario do Departamento de Análise Matemática desde 2006 ata 2013, ano da súa xubilación.

O profesor finado será sempre lembrado na Facultade de Matemáticas como unha persoa entrañable, merecedora do aprecio e o respecto dos seus compañeiros e estudantes.

The contents of this page were updated on 10.04.2017.