Unha xornada debaterá dende a perspectiva xurídica o rexistro de patentes en biotecnoloxía vexetal
O relatorio ‘A prohibición de patentar procedementos esencialmente biolóxicos para a produción de plantas’, a cargo da profesora italiana Francesca Morri abrirá este venres ás 9.30 horas na Facultade de Dereito a xornada sobre ‘Biotecnoloxía Vexetal e Patentes’. É unha xornada gratuíta dirixida a expertos/as do ámbito xurídico, persoal investigador, profesionais, alumnado universitario e público en xeral.
O programa incorpora unha serie de relatorios que permitirá o debate respecto da prohibición de patentar variedades vexetais, cuestión que abordará o docente da USC Ángel García Vidal a partir das 10.15 horas, ao seguirán outros sobre biodiversidade e patentes sobre recursos fitoxenéticos, cuestión que abordará o docente da USC Francisco Javier Framiñán Santas, e sobre o ámbito de protección da patente biotecnolóxica da man de José Antonio Gómez Segade, tamén da USC. Previo á sesión de debate e conclusións, o estudante de doutoramento Saman Abdulrahman Ali presentará o relatorio ‘Saving seed under TRIPS agreement and Iraqi Patent Law’.