Skip to main content

Xa é posible matricularse nos cursos básico e avanzado de Competencias en Información

Os cursos tratan de aprenderlle ao estudantado a buscar información e coñecer cales son as mellores fontes. Foto: Santi Alvite
Os cursos tratan de aprenderlle ao estudantado a buscar información e coñecer cales son as mellores fontes. Foto: Santi Alvite
O estudantado pode inscribirse ata o vindeiro 26 de setembro
Lugo, Santiago de Compostela

Como cada curso académico a Biblioteca pon en marcha os cursos en liña de formación en competencias en información para o estudantado de grao (nivel básico) e para axudar na realización do TFG (nivel avanzado). O primeiro desenvolverase entre o 1 de outubro e o 5 de novembro e o segundo entre o 8 de outubro e o 19 de novembro.

A matrícula para estes cursos, que tratan de aprenderlle ao estudantado a buscar información e coñecer cales son as mellores fontes, poderá formalizarse ata o 26 de setembro a través da Secretaría Virtual da USC (“Actividades » "Oferta"» “Cursos de Competencias en Información (CCI)”).

A superación do curso permite obter 1 crédito ECTS e a BUSC emitirá un diploma acreditativo.

The contents of this page were updated on 09.08.2025.