Skip to main content

O investigador Eugenio Vázquez acada unha das axudas da Asociación Española contra o Cancro para o desenvolvemento de novas liñas de investigación contra a enfermidade

Eugenio Vázquez, primeiro pola dereita, coa raíña Letizia e o investigador do IMDEA Álvaro Somoza
Eugenio Vázquez, primeiro pola dereita, coa raíña Letizia e o investigador do IMDEA Álvaro Somoza

Un proxecto do investigador do Departamento de Química Orgánica Eugenio Vázquez Sentís obtivo unha das 140 axudas que concede anualmente a Asociación Española contra o Cancro (AECC). A proposta do investigador da USC desenvolverá investigación básica para o tratamento e resistencia do melanoma e atópanse enmarcada no programa denominado como ‘Ideas Semilla’ que pretende impulsar estratexias innovadoras na contorna científica que poidan traducirse en novas terapias no futuro. A entrega oficial da axuda celebrouse a finais da pasada semana en Madrid nun acto presidido pola raíña de España, presidenta de honra da asociación e da Fundación Científica AECC. En total esta convocatoria supón unha achega económica de ata un máximo de 20.000 euros distribuídos en dous anos.

O profesor Eugenio Vázquez sinalou que a axuda permite continuar cunha liña de traballo iniciado en 2013. “Sempre tentamos abordar proxectos que poidan xerar beneficios á sociedade, aínda que normalmente moi a longo prazo” sinala o investigador quen ademais explica que “neste caso trátase dunha investigación máis aplicada, orientada a resultados que poidan mellorar no futuro as terapias actuais”.

Actualmente, Vázquez Sentís desenvolve o seu labor no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares de Campus Vida, ao que cualificou como “unha contorna privilexiada para abordar estes desafíos na fronteira entre a química e a bioloxía”.

The contents of this page were updated on 10.02.2017.