Skip to main content

O certame de divulgación científica do Campus de Lugo DivúlgaT chega á súa décima edición

Imaxe oficial do foro
Imaxe oficial do foro
O foro que se desenvolverá os días 22 e 30 de outubro, acaba de abrir o seu prazo de inscrición ata o vindeiro 1 dese mes a través dun formulario en liña. A iniciativa está aberta a calquera persoa con actividade investigadora no Campus Terra
Lugo

A Asociación de Investigadores AgroMar lanza a décima edición do DivúlgaT, un foro que se desenvolvera no Vello Cárcere lucense os días 22 e 30 de outubro, a partir das 19.30 horas, para dar visibilidade social ao traballo desenvolvido polo persoal investigador do Campus de Lugo, e potenciar o galego como lingua de comunicación e de divulgación científica. 

A iniciativa está aberta a calquera persoa con actividade investigadora no Campus de Lugo que queira presentar nun prazo máximo de 10 minutos algún aspecto do seu traballo de investigación persoal, as liñas de traballo do seu grupo, ou algún aspecto da súa área de coñecemento que considere que ten interese e utilidade para o público en xeral. As inscricións estarán abertas ata o 1 de outubro a través dun formulario en liña

Igual ca en anos anteriores, inscribirse dá dereito a asistir gratuitamente a un obradoiro de divulgación científica, impartido por Andrea Muras, finalista da edición 2019 do concurso FameLab España e autora do libro La guerra contra las superbacterias.

 

The contents of this page were updated on 09.10.2025.