Skip to main content

O reitor presidirá este xoves a sesión protocolaria de inauguración do curso 2017-2018

O reitor Juan Viaño presidirá este xoves 7 o acto solemne de inauguración do curso 2017-2018 que se celebrará a partir das 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Nesta ocasión, a lección inaugural impartiraa o catedrático Juan Lema Rodicio e leva por título ‘A Enxeñaría Química ao servizo da sociedade’. Previamente, a secretaria xeral, Consuelo Ferreiro, presentará a memoria do pasado curso académico. Esta sesión inaugural poderá seguirse a través de USC-TV no seu canal directo (http://tv.usc.es/directo.html).

Servizos abertos ao público
Se ben este xoves 7 será unha xornada non lectiva na USC, manterán a súa normal actividade e horarios de atención ao público as Unidades de Xestión Académica (UXA) do Campus Norte, de Campus Vida e do Campus de Lugo, así como o Servizo de Xestión Académica e a Oficina de Información Universitaria.

The contents of this page were updated on 09.06.2017.