Skip to main content

Rematan os Campus Científicos de Verán

Os Campus Científicos de Verán que como todos os anos traen á USC a estudantado de ESO e Bacharelato de toda España rematan este venres 28 coa lectura de traballos. Será ás 10.00 horas na Facultade de Matemáticas cando a última quenda de alumnos fará a presentación pública dos resultados dos seus traballos de investigación.

Organizados pola FECYT en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e co apoio da obra Social “la Caixa”, o obxectivo dos Campus é incentivar o acceso dos estudantes a titulacións científico-técnicas e consolidar as vocacións nestes ámbitos. Trátase ademais de que conciban o coñecemento científico como un saber integrado que se estrutura en distintas áreas científicas, así como a súa aplicación na resolución de problemas en diversos campos da investigación científica e da innovación.

Neste curso que remata, os 120 estudantes participaron nos proxectos científicos ‘A sostenibilidade do ciclo da auga: Un dos retos do século XXI’, dirixido por Gumersindo Feijoo Costa; ‘Buscando partículas no maior acelerador da historia: HLC’, de Xabier Cid Vidal; ‘ maxia dos hidroxeles’, de Francisco Javier Otero Espinar, e ‘MathematiCSI: Mathematical Scene Investigation, de Victoria Otero Espinar. Ademais, visitaron o patrimonio Histórico da USC, o Museo de Historia Natural e asistiron a charlas de diversos especialistas.

The contents of this page were updated on 07.27.2017.