Skip to main content

O ex director xeral da Unesco Federico Mayor Zaragoza clausurará o curso de verán sobre igualdade xénero e mediación

O ex director xeral da Unesco e presidente da Fundación Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza, pronunciará este xoves 20 na Facultade de Dereito a conferencia de clausura do curso de verán ‘ Igualdade de xénero e mediación: unha oportunidade por explorar?’. Presentado polo reitor Juan Viaño nunha sesión prevista para as 19.00 horas, Mayor Zaragoza pronunciará a conferencia titulada ‘ Da forza á palabra, a gran transición’.

A partir dunha reflexión sobre o que é a mediación, entre as cuestións que se abordan no programa figuran cuestións como a incorporación desta cuestión ao ámbito educativo, a mediación como forma de prevención e intervención fronte casos de bullying con motivación sexista, a mediación en contextos organizacionais, contra discriminación da muller e como ferramenta contra a desigualdade de xénero no ámbito laboral. Para pechar o curso está prevista unha mesa sobre novos discursos penais para facer fronte á violencia contra as mulleres.

The contents of this page were updated on 07.19.2017.