Skip to main content

Comeza unha nova edición do programa Mentoring USC Desenvolvemento Profesional

O reitor Juan Viaño preside este martes 19 o inicio do programa Mentoring USC Desenvolvemento Profesional, que naceu hai tres anos coa idea de poñer en contacto o alumnado de máster e de últimos cursos de grao ou egresados con profesionais de empresas a fin de que estes lles presten orientación e apoio na busca de emprego e no desenvolvemento do seu proxecto profesional.

Mentoring USC, que nesta terceira edición conta con 106 mentores e mentoras e 80 estudantes, inclúe tamén o Mentoring Inclusivo dirixido a estudantado que teña acreditada a súa condición de discapacidade. O primeiro conta co apoio do Consello Social da USC e o segundo de Obra Social la Caixa.

A sesión de mañá será ás 13.00 horas no Hostal dos Reis Católicos e nela tamén están previstas as intervencións da vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Mª Dolores Álvarez Pérez; e da directora de Institucións de Caixa bank, María Jesús García Piñeiro.

The contents of this page were updated on 12.18.2017.