Skip to main content

O período de apertura das bibliotecas en horario extraordinario comezará o luns 4

Imaxe de arquivo dunha biblioteca da USC
Imaxe de arquivo dunha biblioteca da USC
Estenderase ata o 31 de xaneiro, tanto para o Campus de Santiago como para o de Lugo

O luns 4 de decembro comezará o período de apertura das bibliotecas da USC en horario extraordinaria, dispoñible para a comunidade universitaria ata o 31 de xaneiro.

Dende o vindeiro luns e ata o 22 de decembro abrirán ata as 3.00 horas a Biblioteca Concepción Arenal de Santiago e a Intercentros do Campus de Lugo. A estas sumaranse como reforzo para os días 6, 8, 9 e 10 de decembro a Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a Sala de Lectura da Facultade de Dereito que estenderán os seus horarios de apertura de 10.00 a 22.00 horas. Á semana seguinte, os días 16 e 17 decembro a Sala de Lectura de Dereito volverá a abrir en horario ampliado, de 10.00 a 22.00 horas.

Xa para o vindeiro mes, entre os días 2 e 7 de xaneiro a Biblioteca Concepción Arenal abrirá ata as 3.00 horas, e entre o 8 e o 31 de xaneiro permanecerá aberta 24 horas ao día. No Campus de Lugo, entre os días 2 e 31 de xaneiro, a Biblioteca Intercentros de Lugo abrirá ata as 3.00 horas da madrugada.

Durante o mes de xaneiro e como reforzo á propia ampliación de horarios habituais de acceso ás bibliotecas, durante as fins de semana dos días 13, 14, 20, 21, 27, 28 e 29 de xaneiro abrirán de 10.00 a 22.00 horas a Biblioteca Xeral, a da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a Sala de Lectura da Facultade de Dereito.

Para o período comprendido entre o 23 de decembro e o 1 de xaneiro o horario de apertura será o habitual das bibliotecas, de luns a venres de 9.00 a 20.30 horas e de 10.00 a 19.30 horas na fin de semana. Igualmente durante todo este período extraordinario de apertura non haberá visitas turísticas á biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia.

The contents of this page were updated on 12.01.2017.