Xeografía e Historia entrega este venres as súas insignias
A Facultade de Xeografía e Historia celebra este venres 28 o acto de entrega de insignias ao persoal, tanto docente como de administración e servizos, que se xubila no centro. A cerimonia solemne terá lugar ás 12.30 horas no Paraninfo.
As persoas homenaxeadas este ano son Fernando Acuña Castroviejo, Raquel Casal García, Xabier Castro Pérez, Ángel Luis Hueso Montón, Remedios Serna González e José Ramón Vázquez Veiga. Ademais, recollen a insignia os fillos dos profesores falecidos o ano pasado Pilar Rodríguez Alvarez e Gerardo Pereira Menaut.