Skip to main content

Conferencia en Bioloxía sobre a restauración dos hábitats dos chimpancés en Senegal

O enxeñeiro forestal Roberto Martínez, coordinador da área agroforestal do Instituto Jane Goodall na reserva comunitaria de Dindefelo (Senegal), ofrece este martes, 1 de marzo, na Facultade de Bioloxía unha conferencia na que explicará o seu traballo na restauración dos hábitats dos chimpancés e a problemática ambiental nese país.

A charla terá lugar ás 20.00 horas na Aula Magna da facultade, que organiza esta actividade xunto coa Asociación de estudantes Bota e bata.

The contents of this page were updated on 02.29.2016.