Skip to main content

Presentación dos programas de emprendemento e prácticas formativas ‘Iniciativa Xove’ e ‘Galeuropa’ no campus de Lugo

Cartaz coa programación das charlas informativas previstas no campus de Lugo
Cartaz coa programación das charlas informativas previstas no campus de Lugo
A dinamizadora xuvenil Zoe Prieto ofrece este martes unha charla informativa na escola de Relacións Laborais e o xoves 28 visitará a EPSE e a Facultade de Ciencias

A dinamizadora xuvenil da Xunta de Galicia Zoe Prieto presenta este martes na escola universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo os programas de dinamización xuvenil ‘ Iniciativa Xove’, a través do que se ofrecen achegas de ata 5.000 euros para o financiamento de ideas lideradas por mozos e mozas, e ‘Galeuropa’, un programa de prácticas formativas remuneradas de ata tres meses de duración nalgún país da Unión Europea e orientadas a persoas de menos de 30 anos.

A charla informativa que guiará este martes Zoe Prieto, a partir das 11.00 horas, na escola universitaria de Relacións Laborais, será a primeira das tres que ofrecerá esta dinamizadora xuvenil da Xunta de Galicia ao longo deste mes no campus de Lugo. De feito, Prieto tamén informará das características destes programas a alumnado e titulados da EPS de Enxeñaría e da Facultade de Ciencias do campus de Lugo o vindeiro xoves 28 de febreiro.

As sesións informativas programadas para o 28 de febreiro e tamén organizadas desde a Área de Orientación e Inserción Laboral da USC no campus lugués desenvolveranse en quenda de mañá. Así, a charla que está previsto celebrar na Facultade de Ciencias comezará ás 12.15 horas, mentres que a programada na EPS de Enxeñaría desenvolverase a partir das 13.00 horas.

The contents of this page were updated on 02.19.2019.