Skip to main content

Concerto para piano e violonchelo con Rosalía Gómez Lasheras e Thomas Piel no Paraninfo

Concerto para piano e violonchelo con Rosalía Gómez Lasheras e Thomas Piel no Paraninfo
Concerto para piano e violonchelo con Rosalía Gómez Lasheras e Thomas Piel no Paraninfo

A pianista Rosalía Lasheras e o violonchelista Thomas Piel ofrecerán este martes 26 un concerto no Paraninfo da Universidade. A cita, de entrada libre, será ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade.

No recital interpretarán as sete variacións de Ludwig van Beethoven sobre o tema ‘Bei Männern welche Liebe fühlen’ da Frauta Máxica de Mozart para Violonchelo e piano WoO 46. Continuarán con ‘Pohadka para Violonchelo e piano’ de Leoš Janáček e coa ‘Fantasiestücke para Violonchelo e piano op.73’ de Robert Schumann. O concerto rematará coa interpretación da Sonata para piano e Violonchelo Fa-Mayor op.99 de Johannes Brahms.

Rosalía Gómez Lasheras
Nada en Compostela en 1994, Rosalía comeza a súa andaina musical con 5 anos con Alexander Gold e María José Cerviño. Os seus estudos en formación pianística comezan no Conservatorio de Santiago, onde acada en 2011 o Premio Extraordinario do conservatorio, para logo trasladarse a Holanda para realizar estudos de Bachelor Degree no Conservatorio de Utrecht co Profesor Alan Welss. Actualmente reside en Suiza, onde cursa 1º de Master un Performance na Musik Akademie Basel co profesor Claudio Martínez Mehner.

As actuacións ao longo da xeografía española son xa moi numerosas, así como os premios gañados en concursos de recoñecido prestixio, como o XVI Concurso de Piano Infanta Cristina (Madrid, 2012) o XV Ciclo de Primavera (Barcelona, 2012) ou o Premio Chopin no VII Concurso de Piano Alto Minho (Portugal, 2010). Non obstante, tamén actuou en países como Holanda, Austria, Exipto, Estados Unidos, Alemaña, Bélxica, Portugal ou Exipto.

Conta, por tanto, cunha ampla experiencia como solista, traballando con directores da talla de Ettiene Siebens ou Ahmed el Sail, e orquestras como a Real Filharmónica de Galicia, a Orquestra Presjovem ou a Cairo Symphony Orchestra entre outras. Ademais, o seu interese pola Música de Cámara e o seu enorme talento levárona actuar en grandes festivais como o International Chamber Music Festival ‘Joaquín Turina’ (Sevilla), Storioni Festival (Eindhoven), Delft Chamber Musica Festival ou o International Chamber Music Festival “Janine Jansen and Friends” (Utrecht).

Por outra banda, tras o seu éxito no concurso Young Pianist Foundation (Amsterdam, 2013) onde obtivo o 1º Premio Xunto co Laureates Award e as Mellores Interpretacións de Sonata Clásica, Schumann e Música Moderna, tivo o seu recital debut no Concertgebouw de Amsterdam e dende entón goza dunha intensa actividade concertística por auditorios holandeses.

Ao tempo, seducida polo mundo da Música Antiga, tamén se especializa no estudo do Clavicémbalo con Siebe Henstra no Conservatorio de Utrecht e actualmente cursa un Minor en Fortepiano na Schola Cantorum Basilensis baixo a tutela de Edoardo Torbianelli.

Thomas Piel
Thomas Piel naceu en Colonia (Alemaña) en 1974. Tras comezar a formarse na súa cidade natal, continuaría máis adiante no Folkwang-Musikhochschule de Essen con Christoph Richter. No ano 2000 obtivo a súa graduación con honores na especialidade de violonchelo, formación que completaría cun posgrao coa profesora Ksenija Jankovich.

Antes de obter o seu diploma, en 1998 foi co fundador da agrupación musical Ensemble eMex, especializada en música contemporánea, coa que realizaría varias actuacións por Europa. Dentro deste proxecto, tería a posibilidade de colaborar con compositores como Nicolaus A. Huber, Sven Ingo Koch e María Cecilia Villanueva, entre outros. Tamén estreou obras para violonchelo solo de Luís Antunes Peña y Martin Schuettler. Ademais, entre 1997 e 2001 foi o primeiro violonchelo solista da Westphaelische Kammerphilharmonie Guetersloh, interpretando para Hans Werner Henze, falecido en 2012, en importantes salas de concerto de Alemaña.

Desde o 2001, o violonchelista forma parte de varios grupos de cámara da Real Filharmonía de Galicia. Ademais, compaxina esta actividade en Compostela coa docencia na Escola de música Berenguela. Na actualidade, forma parte do Trío Cassadó, xunto coa violinista Yulia Petrushevskaya e o pianista Javier Vila.

The contents of this page were updated on 04.25.2016.