Skip to main content

Clausura da exposición ‘España e a Unión Europea, historia dunha relación’ organizada pola Comisión Europea

Clausura da exposición ‘España e a Unión Europea, historia dunha relación’ organizada pola Comisión Europea
Clausura da exposición ‘España e a Unión Europea, historia dunha relación’ organizada pola Comisión Europea

No marco da celebración este ano do 30 aniversario do ingreso de España na UE, o Centro de Estudos e Documentación Europeos (CEDE) da USC mantivo estas semanas no Colexio de Fonseca a exposición ‘España e a Unión Europea, historia dunha relación 1962-2016’ organizada pola Representación da Comisión Europea en España, o Arquivo Dixital España-Unión Europea e os Arquivos Históricos da UE do Instituto Universitario de Florencia.

Esta mostra itinerante, que dende o 15 de marzo percorre os 37 Centros de Documentación Europea da rede Europe Direct, clausúrase este martes 26 ás 11.00 horas nun acto no que participarán o vicerreitor de Comunicación da USC, Xosé Pereira, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo.

Ao remate terá lugar, ás 12.00 horas na Facultade de Dereito, unha mesa redonda sobre ‘O ingreso de España na UE como vector de modernización económica, política e xurídica’ moderada polo director do CEDE, Carlos Teijo, e na que intervirán os profesores Xavier Vence, Ramón Máiz e Isabel Lirola.

Nesta mesa analizaranse estas tres décadas de inmersión de España en Europa, coa participación na moeda común, un investimento comunitario de 150.000 millóns de euros (contabilizando unicamente os fondos rexionais como FEDER, FSE e Cohesión) e a modernización das estruturas económicas, políticas e xurídicas españolas.

The contents of this page were updated on 04.25.2016.