Skip to main content

A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior organiza o 19 unha camiñada ornitolóxica guiada

Cartaz da camiñada ornitolóxica
Cartaz da camiñada ornitolóxica
As prazas ofertadas son limitadas e as persoas interesadas poden inscribirse de balde a través do enderezo de correo electrónico mariadolores.vazquez@usc.es

A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior (EPS) organiza o 19 de abril unha camiñada ornitolóxica guiada pola contorna do campus universitario de Lugo, durante a que as persoas participantes poderán visualizar e distinguir o amplo abano de especies que conforman o patrimonio ornitolóxico da contorna de Lugo. Esta actividade, de carácter gratuíto e organizada co gallo da celebración do Día da Terra, oferta un número de prazas limitadas. As persoas interesadas poden formalizar xa a súa inscrición a través do enderezo de correo electrónico mariadolores.vazquez [at] usc.es (mariadolores[dot]vazquez[at]usc[dot]es). A expedición de participantes nesta camiñada ornitolóxica guiada partirá ás 18.00 horas de diante da Biblioteca Intercentros do campus de Lugo. O percorrido deseñado levará aos viandantes polo campus e as ribeiras do Miño, un itinerario no que terán a ocasión de ver pombos, lavandeiras brancas, xílgaros, picapeixes, lavancos... e algúns outros veciños voadores.

The contents of this page were updated on 11.17.2023.