Skip to main content

Ciencias Económicas e Empresariais celebrou o seu patrón

De dereita a esquerda, Fausto Dopico, Emilia Vázquez e Roberto López (Foto: SERVIMAV-USC)
De dereita a esquerda, Fausto Dopico, Emilia Vázquez e Roberto López (Foto: SERVIMAV-USC)

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebrou este mércores o seu patrón nun acto no que o catedrático xubilado do Departamento de Historia e Institucións Económicas da USC Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo pronunciou a conferencia ‘ Ciencia e Economía. A miña experiencia’. Interviñeron ademais o vicerreitor de Oferta Docente, Roberto López, e a decana da facultade, Emilia Vázquez.

No transcurso da xornada entregóuselle a Amalia Costa Bouzas o premio do concurso de pintura CreArte na Universidade pola súa obra ‘Fondo marino’. Do mesmo xeito, o presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago, Jesús Asorey, recolleu o premio Fulget 2015 da Facultade como representante desta entidade.

O centro entregou ademais os premios extraordinarios de grao, mestrado e doutoramento a Andrea Lorena Rivanera López, Iago Pérez Pérez, Raquel Fernández Fernández, Lucía Pampín Pazos, Mª Concepción Peñate Valentín, Jacobo Jorge García Domínguez, Marta Vázquez Capón, Tamara Martínez Torres, Miguel Ángel Rivera Castro, David Rodríguez González e André Carrascal Incera.

De esquerda a dereita, Roberto López, Emilia Vázquez, Amalia Costa e Jesús Asorey (Foto: SERVIMAV-USC)

The contents of this page were updated on 04.06.2016.