Skip to main content

O director do Instituto de Teatro de Madrid abre o XXII Festival de Teatro da USC cun relatorio sobre 'El Público' na Casa do Saber

Javier Huerta Calvo
Javier Huerta Calvo
Javier Huerta Calvo desenvolverá este venres, a partir das 20.30 horas, unha intervención sobre a dramaturxia de Lorca co título 'Luces e sombras de El Público'

O director do Instituto de Teatro de Madrid (ITEM), Javier Huerta Calvo, abrirá este venres 8 de abril, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, a programación do XXII Festival de Teatro Universitario da USC co relatorio ‘Luces e sombras de El Público’, a obra de Lorca que porá en escena a compañía de Teatro USC-Lugo o 17 de abril no auditorio Gustavo Freire.

Antes guiar esta intervención aberta ao público e de asistencia libre para todas as persoas interesadas, o director do Instituto de Teatro de Madrid (ITEM) participará, a partir da 17.00 horas, nas instalacións da Aula de Teatro e Danza situada na Facultade de Veterinaria de Lugo, nun ensaio con actores e actrices que integran a Compañía de Teatro USC-Lugo, que dirixe Paloma Lugilde, ao tempo que tamén manterá un encontro con nenos afectados de Síndrome de Down xa iniciados na actividade teatral. O relatorio sobre a dramaturxia de García Lorca, a cargo de Huerta Calvo servirá de apertura oficial do XXIII Festival de Teatro Universitario da USC, un programa organizado ao abeiro do Convenio Lugo Cultural que presentará do 8 ao 19 de abril no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo catro montaxes doutras tantas compañías universitarias, así como dous micro proxectos artísticos desenvolvidos polos actores latinoamericanos Pâmela Fogaça e Raymundo Rangel, así como pola galega Ángela Beltrán. A heteroxeneidade artística é unha das características do XXIII Fetival de Teatro Universitario da USC, pero, aínda así, a pegada de García Lorca é moi marcada. De feito, ademais do relatorio de Javier Huerta e da representación de ‘O Público’, a cargo da compañía de teatro USC-Lugo, o músico lugués Samuel Diz tamén ofrecerá o 18 de abril, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber, un concerto sobre a música na vida de Lorca. A entrada para as distintas funcións programadas é libre ata completar capacidade do aforo, pero recollendo previamente a entrada. No caso de ‘O Público’, a asistencia a cada unha das funcións previstas estará limitada a un máximo de 100 persoas, que poderán recoller as súas correspondentes entradas na Oficina de Cultura da Vicerreitoría do Campus de Lugo a partir do 12 de abril en quenda de mañá, de 9.00 a 14.00 horas.

A formación dirixida por Paloma Lugilde ofrecerá asemade o 14 de abril un taller de adestramento actoral e achegamento a ‘O Público’ nun auditorio municipal que tamén acollerá os días 18 e 19 novos pases desta obra, algúns dirixidos a estudantes de institutos de ensino secundario.

The contents of this page were updated on 04.07.2016.