Skip to main content

Hotusa presenta este xoves na USC o seu proxecto SmartPeople dirixido ao estudantado universitario

O salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acollerá o vindeiro xoves 11 ás 17.00 horas a presentación do proxecto SmartPeople do grupo hoteleiro HOTUSA, un programa formativo de posta en valor do talento do estudantado universitario. A sesión é de libre asistencia para todo o alumnado.

Con esta iniciativa, o grupo hoteleiro ofrece a posibilidade de participar nunha actividade de xeración de ideas para responder a un reto: crear un modelo de hotel pensado e deseñado para un público da xeración millennial.

The contents of this page were updated on 02.08.2016.