Skip to main content

Aberto o prazo para presentarse ao concurso de pintura CreArte

Aberto o prazo para presentarse ao concurso de pintura CreArte
Aberto o prazo para presentarse ao concurso de pintura CreArte

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais convoca de novo o concurso de pintura CreArte na Universidade, que mantén aberto ata o 8 de marzo o prazo para presentar traballos. O certame, que este ano chega á súa oitava edición, está aberto á participación non só da comunidade universitaria senón tamén da sociedade en xeral. A dotación do premio é de 700 euros.

Cada concursante deberá presentar unha única obra inédita creada entre xaneiro de 2018 e febreiro de 2019, de temática e técnica libres, e dunha dimensión non inferior a 50x50 centímetros nin superior a 120x120.

O xurado, presidido polo decano do centro, estará composto por membros da USC e da comunidade artística da contorna. Das obras presentadas deberán facer unha selección, que conformará unha exposición temporal os meses de abril e maio na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais coincidindo co Día do Patrón do centro. A obra gañadora pasará a formar parte do patrimonio da Facultade e exporase durante un ano no seu ‘Espazo de Arte’ reservado para tal fin.

The contents of this page were updated on 02.11.2019.