Skip to main content

A USC presenta un vocabulario galego de criminoloxía

A Universidade de Santiago a través do seu Servizo de Normalización Lingüística edita un novo traballo terminográfico en galego, neste caso de criminoloxía, para o que contou coa colaboración de numerosos docentes da Facultade de Dereito.

O vocabulario, que recolle as equivalencias dos termos tamén en inglés e español, presentarase este xoves 4 ás 12.30 horas na Sala de Xuntas das Facultade de Dereito.

The contents of this page were updated on 02.03.2016.