Skip to main content

Presentación na USC do Anuario do Euro 2015

A Universidade de Santiago e a delegación do Instituto Español de Analistas Financeiros (IAEF) organizan este venres, 1 de abril, a presentación do ‘Anuario do Euro 2015’, un estudio realizado pola Fundación de Estudos Financeiros en colaboración coa Fundación ICO .

O acto, ás 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, correrá a cargo do director do estudo, Fernando Fernández Méndez de Andés, e participará como moderador do debate o catedrático de Economía Aplicada da USC , Luis Caramés Vieitez. A entrada é libre.

O obxectivo deste traballo é pór a disposición do lector os importantes cambios que se produciron no último ano na unión monetaria, fiscal, económica e política.

The contents of this page were updated on 03.31.2016.