Skip to main content

Aberta a inscrición nos talleres de presentación do programa IGNICIA Proba Concepto nos campus de Santiago e Lugo

As persoas interesadas en participar os días 4 e 5 de abril nas sesións informativas guiadas por técnicos de GAIN poden inscribirse xa na páxina web da USC

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC organiza xunto coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), dous talleres de presentación do Programa IGNICIA Proba Concepto, que se desenvolverán os días 4 e 5 de abril nos campus de Santiago e Lugo, respectivamente.

As sesións de presentación do programa IGNICIA - Proba Concepto, unha iniciativa que ten como obxectivo facilitar a transferencia de resultados de investigación, xerados polos grupos de organismos de investigación públicos e privados de Galicia, ao mercado, correrá a cargo de técnicos da Axencia Galega de Innovación. As persoas que estean interesadas en participar nestes obradoiros poden formalizar xa a súa inscrición en liña na páxina web da USC, onde tamén poderán atopar máis información respecto do programa a desenvolver no marco destas xornadas. A Aula Magna da Facultade de Bioloxía de Santiago de Compostela acollerá o 4 de abril, a partir das 12.00 horas, o taller de presentación do programa IGNICIA - Proba Concepto. Esta mesma sesión repetirase ao día seguinte, á mesma hora, no edificio Cactus do campus de Lugo da USC.

The contents of this page were updated on 03.30.2016.