Skip to main content

O grupo Acuigen da USC presenta este martes en Veterinaria os resultados do proxecto de secuenciación do xenoma do rodaballo

O catedrático e coordinador do grupo de investigación Acuigen da USC, Paulino Martínez, presentará este martes, a partir das 13.00 horas, na Aula 1 da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo, os resultados do proxecto de secuenciación completa do xenoma do rodaballo, o primeiro vertebrado secuenciado en España.

O coordinador do grupo Acuigen da USC, que liderou a secuenciación desta especie no marco dunha investigación na que tamén participaron científicos do CSIC de Vigo e do CNAG de Barcelona, fará unha presentación aberta a todo o profesorado e alumnado do campus de Lugo, no marco dunha sesión na que tamén intervirá o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, ademais doutros membros do grupo Acuigen. Paulino Martínez aproveitará esta sesión aberta para explicar ao público asistente a xestión e o desenvolvemento deste proxecto de investigación, así como a utilidade desta ferramenta xenómica cara a mellora da produción desta especie, que, na actualidade, lidera a produción mundial de peixes planos.

The contents of this page were updated on 03.14.2016.