Skip to main content

Ciencias da Educación celebrou este venres o seu patrón

Ciencias da Educación celebrou este venres o seu patrón
Ciencias da Educación celebrou este venres o seu patrón

A Facultade de Ciencias da Educación da USC celebrou este venres cun acto académico o seu patrón Frei Martín Sarmiento. Presidido no Salón Nobre do Colexio de Fonseca polo vicerreitor de Comunicación, Xosé Pereira, a el asistiron a decana do centro, Carmen Fernández Morante, e a vicedecana e secretaria, Carmen fernández de la Iglesia e Cristina Abeal.

No acto, no que un grupo de estudantes interveu para ler un comunicado en protesta pola situación da docencia no centro, o profesor da área de Teoría e Historia da Educación da USC Antonio Vara Coomonte pronunciou a conferencia ‘Educación: cuestións preliminares’. Precisamente, Antonio Vara recolleu despois xunto con Enrique Vieitez Lamas o ‘Sarmiento de Honra' que entrega a facultade.

The contents of this page were updated on 03.10.2016.