Skip to main content

Acto académico de imposición de bandas e entrega de diplomas de convivencia na residencia universitaria Jesús Bal y Gay

Alumnos becados na residencia Bal y Gay
Alumnos becados na residencia Bal y Gay
A vicerreitora Montserrat Valcárcel presidiu a sesión académica no marco da que tamén se distinguiu a Luz Páramo coa ‘Beca de Honra’ do centro universitario lugués

A residencia universitaria Jesús Bal y Gay do campus de Lugo vén de despedir a promoción de residentes 2016-19 no marco dun acto académico no que se procedeu á imposición de bandas aos estudantes residentes durante os últimos tres anos, ademais de entregar diplomas de convivencia ás persoas estranxeiras que residiron durante este ano académico neste centro universitario.

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, foi a encargada de presidir este emotivo acto, nunha sesión que contou coa presenza do adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, e na que tamén participaron a directora da residencia universitaria Jesús Bal y Gay, Paula Vázquez Rodríguez, e o subdirector do referido centro universitario, Adrián Constenla García.

O subdirector da residencia Jesús Bal y Gay encargouse de presentar e de facer a laudatio da persoa que nesta ocasión foi distinguida coa ‘Beca de Honra’, a traballadora do centro universitario lugués Luz Páramo. Antes de proceder ao recoñecemento que o centro universitario lugués tributa a Luz Páramo, a residente Andrea Durán Liñares, a xeito de voceira da promoción de estudantes universitarios do campus de Lugo hospedados na residencia universitaria Jesús Bal y Gay que se despide do centro ao remate do curso 2018-2019, fixo unha semblanza da súa experiencia no centro.

De esquerda a dereita, Constenla, Valcárcel, Vázquez e Durán Estudantes universitarios, na residencia Jesús Bal y Gay de Lugo

The contents of this page were updated on 04.26.2019.