Skip to main content

A USC conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

A USC conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
A USC conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Un ano máis, a Universidade de Santiago súmase aos actos do 25N, data na que se conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O acto na USC será este venres ás 13.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome presidido pola vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, María Dolores Álvarez Pérez. Estará acompañada pola concelleira de responsable de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois González; e a subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero da Secretaría Xeral da Igualdade, Belén Liste Lázara.

Nesta ocasión, será o profesor Fernando Lino Vázquez González, coordinador do grupo de investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía da USC, quen dea lectura ao Manifesto de rexeitamento á violencia de Xénero da USC.

Previamente terá lugar a entrega dos premios do IV Certame de fotografía Ruth Matilda Anderson, da VII Edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero e do III Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero.

The contents of this page were updated on 11.24.2016.