Skip to main content

Seminario en Políticas sobre servizos de ecosistemas costeiros e mariños

O profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC Sebastián Villasante organiza, xunto con Greggory Verutes, o seminario ‘Servizos de ecosistemas costeiros e mariños: de Europa a América’, que terá lugar este venres 3 de maio na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de 14.30 a 17.30 horas.

O alumnado de mestrado e doutoramento que desexe asistir ao seminario, enmarcado dentro do proxecto europeo Interreg Cephs and Chefs e da Rede ECOMAR de Avaliación e Monitoreo de Servizos Ecosistémicos do que participa a USC, pode inscribirse de balde no correo sebastian.villasante [at] usc.es (sebastian[dot]villasante[at]usc[dot]es) antes do xoves pola tarde.

O seminario tratará o concepto de servizos dos ecosistemas, á vez que se debaterá acerca da investigación que se está levando a cabo sobre a captura e o comercio de cefalópodos desde e cara a Galicia. A sesión incluirá un exercicio práctico utilizando un modelo de pesca de lagosta construído en Excel e haberá a oportunidade de utilizar Flourish, una ferramenta gratuíta de visualización que mostra os fluxos comerciais ao longo da cadea de valor internacional para cefalópodos e outras especies.

The contents of this page were updated on 04.30.2019.