Skip to main content

O investigador Miguel Álvarez Cobelas presentará en Bioloxía o seu libro Hoy las ciencias adelantan que es una barbaridad

Da man da asociación de estudantes Bota e Bata en colaboración coa Facultade de Bioloxía e a Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, o Salón de Graos da Facultade acollerá a presentación do libro Hoy las ciencias adelantan que es una barbaridad de Miguel Álvarez Cobelas, investigador do CSIC no Departamento de Bioxeoquímica e Ecoloxía Microbiana do Museo Nacional de Ciencias Naturais. A presentación celebrarase este mércores 23 a partir das 13.00 horas.

O libro pretende describir a vida dos científicos españois dende multitude de puntos de vista. Contempla “as opinións do científicos do montón, a psicoloxía, a historia, a socioloxía, os datos estatísticos, a cultura científica e a outra, as anécdotas ou algúns anacos de política”, explica o seu autor. Tanto “as conversas con colegas ou non, as lecturas ao Alonso Quijano, a observación de todos os recunchos da casa onde se fai a ciencia, incitaron a escritura deste libro” nun intento de comprender non só a paisaxe, “senón tamén a paisanaxe coa que paso máis horas no ano” , aclara Álvarez Cobelas.

Como o mesmo autor explica na introdución da obra o obxectivo principal do libro é “entender e describir como se fai realmente a ciencia en España neste albores do século XXI. O obxectivo secundario, entreter”. Para acadar o seu obxectivo apela a unha mestura de “socioloxía, literatura e estatísticas de tipo xornalístico alonxado no posible do árido e plúmbeo discurso das publicacións científicas, oficiais ou non”.

The contents of this page were updated on 11.21.2016.