Skip to main content

Esta noite, gala final da quinta edición dos Premios ‘Somos a curta!’

A Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Comunicación premia o humor feito en galego

Humor e lingua galega son os ingredientes principais das sete pazas audiovisuais que se presentaron á quinta edición do concurso ‘ Somos a curta!’ organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Comunicación.

As curtas finalistas proxectaranse esta noite, ás 20.00 horas no Salón de Actos de Ciencias da Comunicación, nunha gala que presentarán Os da Ría e na que o xurado formado por María José López Couso, Fina Castro e Victoria Otero Espinar elixirá as dúas pezas gañadoras, con premios de 500 e 250 euros. Nese acto decidirase ademais o premio especial do público, sen dotación económica.

Os títulos finalistas desta quinta edición son ‘O home do sacho’, ‘1000 maneiras de espichala’ , ‘A meiga’, ‘En Galicia, depende’, ‘Non é pais para mocosos’, ‘Un amigo galego’ e ‘Nada peor’.

Concurso de radiodramas en galego
Na mesma gala entregaranse os premios do II Concurso de Radiodramas en galego, dotados con 500 e 400 euros. O xurado –composto por Ana Romaní, Clara Gayo e Xosé Ramón Pousa– decidirá entre os títulos ‘Co mozo no corazón’ e ‘Peido – Cascuda’.

The contents of this page were updated on 11.09.2016.