A Orquestra Universitaria participa esta semana nas Xornadas de Música Contemporánea 2016
A Orquestra Universitaria do Espazo de Cámara da USC participará o próximo venres 18 e o domingo 20 nas Xornadas de Música Contemporánea 2016. A formación universitaria presentará o programa ‘O século XX, un camino de melodías’, que recolle composicións e estreas chegadas de alumnado pertencente aos principais centros superiores de estudos de composición de cada un dos cinco Camiños de Santiago.
De balde, a xornada do venres 18 celebrarase na Sala Agustín Magán a partir das 20.30 horas baixo a dirección de Mario Diz. Antes do concerto poderase charlar con Francisco Durán, profesor titular de Análise Xeográfico Rexional da USC. A do domingo 20 será no mesmo lugar ás 12.00 horas.
Un ano máis, a USC colabora coas Xornadas de Música Contemporánea que tratan de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea e que se estende ata o próximo o 1 de decembro. Baixo o título ‘ ConCiencia da Palabra’, conforman estas xornadas 20 concertos a cargo de 14 agrupacións musicais en distintos espazos da cidade, entre eles o Paraninfo e a Igrexa da Universidade.