Skip to main content

Dereito súmase ás conmemoracións do 400 aniversario de Cervantes e Shakespeare

Dereito súmase ás conmemoracións do 400 aniversario de Cervantes e Shakespeare
Dereito súmase ás conmemoracións do 400 aniversario de Cervantes e Shakespeare

‘A Mancha de Cervantes no Dereito e unha coda sobre o Bardo’ é o título do acto que celebrará o luns 21 a Facultade de Dereito da USC como homenaxe a Miguel de Cervantes e William Shakespeare no seu 400 aniversario.

A xornada comezará ás 17.00 horas no salón de graos do centro coa conferencia do catedrático e director da Real Academia Española, Darío Villanueva, ‘El Quijote en D. Niceto Alcalá Zamora’. Seguiralle Francisco Sosa Wagner, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de León, cun relatorio sobre o Dereito Público en tempos de D. Quijote. Pechará esta parte dedicada a Cervantes o catedrático de Literatura Española da USC Santiago Fernández, que falará dos libros de cabalerías.

Sobre o autor inglés intervirá a profesora de Filoloxía Inglesa da Universidade de León Trinidad Guzmán González co relatorio ‘ Thy adverse party is thy advocate. Maese Guillermo y los picapleitos’. Pecharán a sesión as organizadoras, as profesoras de Dereito Civil María Paz García Rubio e Antonia Nieto Alonso.

The contents of this page were updated on 11.18.2016.