Skip to main content

A campaña ‘Comparte a túa ilusión’ recadará fondos en Ciencias Económicas e Empresariais para a asociación ASPAS

Nunha árbore instalada nesta facultade, quen desexe participar pode contribuír decorándoa cunha bola que se vende no propio centro

‘Comparte a túa ilusión’ é o lema dunha campaña da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais deseñada polo estudantado voluntario do centro e coa que recadarán fondos para a Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual (ASPAS). No hall do centro xa se instalou unha árbore solidaria de Nadal en cuxa decoración poden colaborar todas as persoas interesadas comprando unha bola que o estudantado venderá a partir deste xoves tanto na cafetería do centro como nun posto á beira da propia árbore.

Con cada bola decorativa, entrégase unha tarxeta na que é posible deixar unha mensaxe que se colgará na árbore e unha pulseira co lema da iniciativa. Os fondos que se recaden destinaranse á asociación Aspas. Toda a campaña foi deseñada integramente polos propios estudantes da Facultade.

The contents of this page were updated on 11.23.2016.