Aberta a inscrición para o obradoiro práctico de técnicas de selección de persoal e a xornada de mobilidade
A Área de Orientación Laboral do Campus de Santiago mantén aberto o prazo para inscribirse en dúas das actividades organizadas dentro do Programa de Formación para a Empregabilidade.
Durante os próximos días 28 de novembro e 12 de decembro terá lugar un obradoiro práctico de técnicas de selección de persoal impartido polo grupo de investigación en Recursos Humanos e Rendemento da USC. Nel os participantes terán a oportunidade de realizar algunhas das probas utilizadas máis habitualmente nos procesos de selección, prestando especial atención á entrevista de traballo.
Por outra parte, tamén está aberto o prazo para a Xornada Móvete!! na que se ofrecerá información sobre os diferentes programas de prácticas e oportunidades de mobilidade laboral, recursos para carreira investigadora, voluntariado ou de participación da mocidade. Será o 1 de decembro no salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais de 9:30 a 13:30 horas.
Ao igual que en todas as actividades que se están a desenvolver durante este cuadrimestre como parte do Programa de Formación para a Empregabilidade ambas actividades son gratuítas e precisan inscrición previa xa que as prazas son limitadas.