Skip to main content

Comeza en Económicas o itinerario de adestramento para a procura de emprego

Comeza en Económicas o itinerario de adestramento para a procura de emprego
Comeza en Económicas o itinerario de adestramento para a procura de emprego
Aínda está aberto o prazo de inscrición

Numeroso alumnado da USC participará esta semana e a seguinte nos dous campus composteláns nunha nova edición do Talent’s Loop, un itinerario de adestramento individual para a procura de emprego enmarcado no programa ‘Emprega-T: as 8 T’s do talento’ da USC.

O circuíto proporciona ao alumnado un laboratorio de emprego persoal e individualizado no que se simulará un proceso de selección real durante tres días en cada un dos campus. Deste xeito, as persoas participantes poderán pór en práctica os coñecementos adquiridos e solucionar as dúbidas que poidan xurdir na vida real.

Será desde este martes 8 ata o xoves 10 de 9.00 a 21.00 horas no vestíbulo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e, co mesmo horario, a vindeira semana (do 15 ao 17) en Relacións Laborais.

O simulador, cunha duración de dúas horas, estrutúrase en cinco pasos que cada participante realizará recibindo feedback personalizado por expertas e expertos para mellorar as súas posibilidades de pasar con éxito un proceso selectivo: constrúe a túa imaxe; os seis segundos de vida do Currículo Vitae; supera as entrevistas con éxito; amosa o teu speech; e brilla nas dinámicas de selección.

The contents of this page were updated on 11.07.2016.