Acto de entrega do I Premio Internacional de Investigación en Innovación e Economía Circular
O vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa, presidirá este xoves 7 a entrega do I Premio Internacional de Investigación en Innovación e Economía Circular na que tamén participará o presidente da Deputación da Coruña, Valentín García Formoso. O acto celebrarase a partir das 10.45 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais coa participación do presidente do xurado e coordinador do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación (DEIN), Xavier Vence.
Neste edición o premio recoñece a Leandro Javier Llorente González (1º premio) e a Edurne Suárez Lejardi (mención especial). Esta é unha iniciativa organizada no marco do convenio do Master DEIN coa Deputación da Coruña para promover e dar visibilidade á investigación en innovación e economía circular no ámbito académico. É destacable a alta concorrencia de autores/as de diferentes países e a elevada calidade de todos os traballos presentados.
Segundos os organizadores do certame, premiáronse aquelas propostas que destacaron pola súa orixinalidade, calidade, actualidade, relevancia e proxección de futuro. O xurado, de carácter internacional, integrárono especialistas en economía circular de recoñecido prestixio de diversos países europeos.