Skip to main content

Pesar polo falecemento de Miguel Fernández Refojo, honoris causa pola Universidade de Santiago

A Universidade de Santiago quere manifestar o seu máis profundo pesar polo falecemento de Miguel Fernández Refojo, que fora investido doutor honoris causa pola Universidade de Santiago en decembro de 1988, e unirse á dor da súa familia e amizades.

Fernández Refojo (Santiago de Compostela, 1928) era un científico destacado no eido da oftalmoloxía e desenvolvía o seu traballo en Estados Unidos. Doutor en Ciencias Químicas pola universidade compostelá, marchou á Universidade de Yale cunha estadía posdoutoral que centrou na investigación dos polímeros para biomedicina, obtendo resultados de calado no campo da contactoloxía que o situaron como un dos científicos máis prestixiosos do mundo nese ámbito.

The contents of this page were updated on 07.15.2016.