Skip to main content

Conferencia sobre os 550 anos dende a visita do barón Leon de Rosmithal a Santiago

En 2016 cúmprense 550 anos dende que o o barón checo Jaroslav Lev Rožmitálu, enviado do rei checo Xurxo de Poděbrady, visitara Compostela durante a súa misión diplomática polas cortes europeas. En ocasión do aniversario desta viaxe, este mércores 21 ás 18.00 horas a Asociación de Lev de Rozmitál de Pilsen (República Checa) e o Centro de Linguas Modernas da USC organizan unha charla divulgativa na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia.

Rožmitál visitou coa súa comitiva entre 1465 e 1467 case vinte cortes europeas, sendo recibido por reis, duques e altos representantes da igrexa católica. Na cidade de Braga o barón interrumpiu a súa misión diplomática e como peregrino emprendeu rumbo a Compostela para visitar a tumba de Santiago Apóstol. Finalmente, tras longas negociacións, puido entrar na catedral redeada por insurxentes.

A testemuña da viaxe pode verse no relieve do monumento Porta Itineris Sancti Iacobi co relevo de Lev Rožmitálu, entre outro peregrinos ilustres, como Dante Alighieri, por exemplo. Tamén en Fisterra hai colocada unha placa en memoria da misión do rei checo.

The contents of this page were updated on 09.20.2016.