Skip to main content

Descontos e créditos ECTS para o alumnado que participe nos obradoiros de Cortocircuito

Descontos e créditos ECTS para o alumnado que participe nos obradoiros de Cortocircuito
Descontos e créditos ECTS para o alumnado que participe nos obradoiros de Cortocircuito

O alumnado da USC interesado nos obradoiros e actividades do Festival Internacional de Curtametraxes ‘Cortocircuito’ poderá beneficiarse de importantes descontos ademais de conseguir 1 crédito ECTS por asistir a cada un deles.

Os e as estudantes aboarán só a metade do prezo dos tres obradoiros que contempla o festival: o do crítico estadounidense Jonathan Rosenbaum dedicado a filmes que sobrepasan os límites convencionais en moi distintos aspectos (duración, estilo, xénero...); o do músico Javi Álvarez (Fluzo, Dúo Cobra, Néboa, Dj de la muerte, La Follable...) de experimentación audiovisual con tecnoloxías sinxelas e de reciclaxe; ou o impartido por Xabier Erkiza sobre a música e os ruídos no cinema.

Estudantes de Comunicación
Por outra banda, aínda está aberto o prazo para participar no obradoiro práctico ‘Outra Compostela’ dirixido a estudantes de Ciencias da Comunicación, que deberán elaborar traballos que amosen unha cidade diferente á anunciada nas campañas publicitarias, mostrando os seus espazos máis xenuínos e recónditos, os que escapan ás cámaras dos turistas.

Para participar neste proxecto, que ademais dá dereito a acreditacións para asistir ás proxeccións do festival, hai que escribir un mail a actividades [at] cortucircuito.org (actividades[at]cortucircuito[dot]org).

The contents of this page were updated on 09.27.2016.