Skip to main content

Pesar polo falecemento de Pablo Rodríguez Pérez, do grupo de Física de Altas Enerxías

Integrantes do grupo de Física de Altas Enerxías da USC manifestan o seu fondo pesar polo pasamento de Pablo Rodríguez Pérez, membro do mesmo grupo actualmente en Manchester, cidade na que faleceu o pasado venres. Pablo Rodríguez realizou a súa tese de doutoramento cunha destacada contribución ao detector de silicio de LHCb do CERN baixo a dirección de Abraham Gallas e Bernardo Adeva.

En xullo de 2014 presentou o seu traballo de doutoramento para incorporarse á Universidade de Manchester. Apaixoado pola ciencia, excelente científico e magnífico compañeiro e amigo, son algún dos trazos cos que os seus compeñeiros/as do grupo compostelán de Física de Altas Enerxías definiron a figura de Pablo Rodríguez López. Os seus compañeiros na Facultade de Física compostelá únense deste xeito á dor da familia e nomeadamente a da súa dona e fillos.

The contents of this page were updated on 07.04.2016.