Skip to main content

María José López Couso toma posesión como decana da Facultade de Filoloxía

A profesora María José López Couso tomará posesión como decana da Facultade de Filoloxía da USC este martes 5 ás 14.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. O acto estará presidido polo reitor Juan Viaño.

A profesora de Filoloxía Inglesa da USC foi reelexida como decana o pasado mes de marzo. Acompáñana no equipo para estes catro anos Javier Gutiérrez Carou (Filoloxía Italiana), Elisa Fernández Rei (Filoloxía Galega) e María do Cebreiro Rábade Villar (Teoría da Literatura e Literatura Comparada) á fronte dos vicedecanatos e Víctor Longa Martínez (Lingüística Xeral) como secretario.

The contents of this page were updated on 07.04.2016.