Xornada de debate sobre autoorganización e cooperativismo cultural
O Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) da USC organiza o vindeiro 16 de decembro unha xornada de debate sobre autoorganización e cooperativismo cultural.
O encontro, a desenvolver durante todo o día na Facultade de Filosofía, comezará cunha sesión dedicada á autoorganización na que se tratarán cuestións como as políticas e mancomún, o cooperativismo agrario ou cuestións étivias sobre a investigación en humanidades e ciencias sociais. A xornada da mañá rematará cun debate sobre novas prácticas e modelos alternativos das industrias culturais.
Xa pola tarde, terá lugar o último bloque de estudo, sobre democratización cultural e cidadanía, no que se falará de instrumentacións de participación e do potencial para o desenvolvemento de África.
O CIPPCE é un centro propio da Universidade de Santiago promovido por oito grupos de investigación que estuda os fenómenos de emerxencia artístico-literaria e, máis en xeral, os procesos culturais emerxentes.