Skip to main content

O CEDE organiza un curso práctico de preparación para os procesos de selección da UE

O CEDE organiza un curso práctico de preparación para os procesos de selección da UE
O CEDE organiza un curso práctico de preparación para os procesos de selección da UE

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) organiza a vindeira semana un curso práctico de preparación para as oposicións da Unión Europea no que ademais de dar a coñecer as diferentes posibilidades de procesos de selección se ofrecerán as ferramentas necesarias para unha óptima preparación e integración das competencias psicolóxicas avaliadas.

O curso, dirixido prioritariamente a graduados e estudantes de último ano do grao, terá lugar en horario de tarde do 20 ao 21 de decembro na Facultade de Dereito. O encargado de impartilo será José Díaz Lafuente, autor do libro Montblanc: Recursos educativos sobre la Unión Europea. Doutor internacional en Dereito pola Universitat de València, é mestrado en Relacións Internacionais e Estudos Diplomáticos da UE no Colexio de Europa e en Dereito da UE na UNED.

Cun custe de 30 euros, as persoas interesadas deben presentar ata o 16 de decembro unha copia do expediente académico ben nas dependencias do CEDE na facultade de Dereito ou ben por correo electrónico (cede [at] usc.es (cede[at]usc[dot]es)).

The contents of this page were updated on 12.13.2016.