Skip to main content

A Unidade de Tabaquismo da USC presenta o libro Muller e tabaco coincidindo co Día mundial sen tabaco

Portada do novo volume das investigadoras da Unidade de Tabaquismo da USC
Portada do novo volume das investigadoras da Unidade de Tabaquismo da USC
A Unidade de Tabaquismo da USC presenta o libro Muller e tabaco coincidindo co Día mundial sen tabaco

Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial sen Tabaco este venres 21 de maio, a Unidade de Tabaquismo e Transtornos Adictivos da USC presenta o volume Muller e tabaco. Este libro revisa os diferentes aspectos relacionados co consumo de tabaco en mulleres, incluíndo información recente sobre as consecuencias negativas para a saúde, os principais factores relacionados coa conduta de fumar nas mulleres, as principais dificultades á hora de abandonar o hábito e os tratamentos eficaces dispoñibles. Asinan o libro as investigadoras Ana López Durán, Carmela Martínez Vispo e Elena Fernández del Río.

Como explican as investigadoras da USC, dende a Unidade de Tabaquismo e Trastornos Adictivos da USC estase percibindo un notable incremento nos últimos anos do número de mulleres que demandan tratamento para deixar de fumar, situándose por riba do 60% das demandas totais de apoio. Neste senso, destacan igualmente as autoras do traballo que varios estudos sinalan a existencia de diferencias entre homes e mulleres en canto ás características do consumo de tabaco e as súas consecuencias. Engaden que a pesar da evidencia, estas apenas se teñen tido en conta nas políticas de control, na prevención e no tratamento do tabaquismo ou na abordaxe das dificultades para deixar de fumar que poden ter especificamente as mulleres fumadoras.

O novo libro tamén recolle varios casos clínicos que ilustran a abordaxe do tratamento psicolóxico para deixar de fumar en mulleres e que reflicte a experiencia que esta Unidade vén acumulando dende o ano 1984 no que foi creada.

The contents of this page were updated on 06.22.2023.