Skip to main content

Dereito acolle a presentación dun libro de casos prácticos de dereito urbanístico

A Facultade de Dereito acollerá este xoves 22 a presentación do libro Fuera de ordenación. Estudio práctico para técnicos y juristas que tengan que enfrentarse a esta situación. Será nunha sesión que contará coa presenza do profesor da USC Luis Míguez Macho, do director do Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do Sector Público, o tamén profesor Marcos Almeida Cerreda, e do co autor da obra Paulo López Porto. A sesión comezará ás 9.30 horas na Sala de Xuntas da Facultade.

Esta monografía, de forma eminentemente práctica, analiza cal é o destino que lles agarda aos edificios legalmente construídos conforme ás determinacións dun plan urbanístico cando, como consecuencia da súa modificación, as súas características fannos incompatibles coa nova ordenación. En opinión do seus promotores, este libro está chamado a constituír unha obra de referencia para técnicos e xuristas especializados en dereito urbanístico. O libro articúlase sobre a base de 500 sentencias extractadas e sistematizadas e conta co apoio de múltiples gráficos en 3D e infografías.

The contents of this page were updated on 12.21.2016.