Skip to main content

O doutorando da USC Jose Lado, premio á mellor tese doutoral teórica

O doutorando da USC Jose Lado, premio á mellor tese doutoral teórica
O doutorando da USC Jose Lado, premio á mellor tese doutoral teórica

O doutor pola USC José Luis Lado acaba de recibir o premio á mellor tese na categoría de teoría no eido da física da materia condensada que concede o Grupo Especializado en Física do Estado Sólido da Real Sociedade Española de Física.

Jose Lado defendeu a súa tese de doutoramento na USC, desenvolvendo o seu traballo no grupo Teoría de Nanoestruturas do International Iberian Nanotechnology Laboratory-INL (Braga) financiado pola Marie-Curie ITN SPINOGRAPH, con Joaquín Fernández Rossier como director e Victor Pardo, de Física Aplicada da USC, como titor.

No seu traballo ‘Topological electronic phases in graphene’ estudou teoricamente propiedades electrónicas non convencionais de grafeno, coñecidas como estados topolóxicos. Estas fases teñen como característica común presentar excitacións electrónicas protexidas contra perturbacións externas debido á estrutura matemática do modelo que describe os electróns. En particular, na súa tese estuda a aparición de efecto Hall cuántico anómalo en grafeno en contacto con skyrmións, efectos de interacción electrónica en grafeno a alto campo magnético e nos seus estados de borde helicais, e a emerxencia de excitacións tipo Majorana ao depositar grafeno en contacto cun supercondutor.

The contents of this page were updated on 12.01.2016.