Skip to main content

A promoción de enxeñeiros agrónomos (1988-1991) festexa as vodas de prata da titulación na Escola Politécnica Superior

Xuntanza da promoción de enxeñeiros agrónomos (1988-1991) no Recanto da Saudade do campus de Lugo
Xuntanza da promoción de enxeñeiros agrónomos (1988-1991) no Recanto da Saudade do campus de Lugo

Os membros da segunda promoción da enxeñeiros agrónomos formados no campus de Lugo entre 1988 e 1991 celebraron esta fin de semana as vodas de prata da súa titulación cunha xuntanza na Escola Politécnica Superior da USC.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; o catedrático do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC Francisco Maseda Eimil, e a secretaria da Escola Politécnica Superior do Campus Terra, Montserrat Valcárcel Armesto, ofreceron unha recepción a todos os participantes na celebración desta efeméride, unha sesión na que tamén participou o vogal da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC Jesús López Romalde. Logo deste encontro, os enxeñeiros agrónomos asistentes procederon á inauguración dunha placa conmemorativa de tal efeméride no ‘Recanto da Saudade’, un espazo simbolizado no monólito instalado nas inmediacións do campus universitario de Lugo. Un percorrido polas instalacións da Escola Politécnica, seguido duns petiscos na cafetería do centro, serviron de colofón desta xornada de confraternidade.

The contents of this page were updated on 05.16.2016.