Skip to main content

A música como recurso curricular en Infantil e Primaria, a análise nun curso en Formación do Profesorado

Cartaz da Universidade de Verán 2016
Cartaz da Universidade de Verán 2016

A música como recurso curricular no proceso de ensino e aprendizaxe en Infantil e Primaria centrará a temática das distintas sesións programadas no marco do curso de verán da USC que se desenvolverá do 6 ao 8 de xuño na Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo.

O programa deste curso, estruturado en 20 horas lectivas e dirixido por Mª Ángeles López de la Calle e Mª do Carmen Sarceda, inclúe a celebración de varios obradoiros sobre movemento e aprendizaxe, música, contos, paisaxe, ciencia..., ademais dun concerto didáctico de clausura, que se desenvolverá o 8 de xuño baixo o título ‘En Cabárceno se oe cantar’.

As persoas interesadas en formalizar a súa matrícula neste curso de verán poden obter máis información ao respecto na web da Universidade de Verán 2016, na que tamén poderán consultar datos relativos a horarios e obradoiros programados.

The contents of this page were updated on 05.18.2016.