Skip to main content

Persoal investigador das Universidades de Santiago e Swansea busca propostas de investigación conxuntas no marco do espazo atlántico

O primeiro encontro foi este mércores na Reitoría (Foto: SERVIMAV)
O primeiro encontro foi este mércores na Reitoría (Foto: SERVIMAV)

Investigadores de varios campos científicos da Universidade de Swansea (Gales, Reino Unido) visitan esta semana a USC para manter encontros de traballo que dean lugar a propostas de investigación conxuntas enmarcadas no proxecto Interreg Espazo Atlántico e nas convocatorias do programa H2020.

Deste xeito, e en virtude ademais do convenio de colaboración internacional en investigación asinado entre as dúas universidades en xuño de 2011, esta mañá reuniuse na Reitoría persoal investigador dos campos da ciencia política, o dereito, a economía, os estudos culturais, a física e a xeografía.

No encontro traballaranse tres liñas temáticas recollidas na actual convocatoria do Marco do Espazo Atlántico como son a estimulación da innovación e competencia e o apoio ao uso eficiente dos recursos, o fortalecemento da residencia do territorio ante riscos naturais, climáticos e de orixe humano, e a potenciación da biodiversidade e do medio natural e cultural.

The contents of this page were updated on 05.18.2016.